NBA Live estrea versión para iPhone/iPod Touch
luns, 26 de outubro do 2009
Electronic Arts está a
lanzar unha importante ofensiva nos móbiles, e actualmente temos que 7 dos 10
videoxogos máis vendidos para o iPhone/iPod Touch son desta compañía,
liderados por Rock Band, Tetris e Madden NFL10, que pronto terán que facer ao novo xogo da compañía
para o iPhone, NBA Live, que xa está
á venda na App Store por 7,99 euros, e que permite xogar con 30 equipos da
NBA en modo tempada (incluíndo 82 partidos), en modo exhibición ou participando
nun intenso modo Playoffs cuns impresionantes gráficos 3D.
O xogo ten un sistema de control bastante intuitivo, baseado nun stick
analóxico virtual, aproveitando tamén o acelerómetro para lanzar tiros libres
con precisión. Tamén goza dunha banda sonora con 15 ritmos de cantantes coma
Matt and Kim, Snook Dogg e Xzibit, e da narración de Marv Albert.
- Nos tiros libres hai que facer uso do acelerómetro