Na Rede toda a información sobre a pasada edición das xornadas JAI
martes, 24 de xaneiro do 2023
Comezou
o novo ano e volven á palestra informativa as Xornadas sobre
Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, as
JAI 2022, clausuradas o pasado 19 de novembro con récords de
actividades e expertos participantes (superáronse as 40 horas de
conferencias e mesas redondas e convocáronse 70 profesionais da
industria intelixente compartindo os seus coñecementos avanzados).
Segundo
compartiu o principal impulsor destas prestixiosas xornadas da UVigo,
o profesor e investigador Ignacio Armesto, vénse de publicar
oficialmente na Rede o recompilatorio oficial da edición 2022 do
evento, unha escolma que abandonou o formato tradicional en DVD para
adoptar un modelo “á carta”, grazas á TV de la Universidade de
Vigo. Podemos ver os relatorios da pasada edición, as presentacións,
as entrevistas a convidados, os stands e as fotos oficiais na
devandita web da TV universitaria.
Ademais,
na canle oficial de
Youtube das Xornadas JAI pódense localizar outros vídeos
relativos ao evento (como os reels de apoio por parte de
institucións, empresas participantes, etc.) así como varios vídeos
resume do chamado Showroom Industria 4.0 despregado nesta
oitava edición das JAI en formato presencial.
Amais,
vénse
publicar en PDF a memoria final das xornadas, informe no que
figuran os principais datos resumen desta edición.