Nace un novo cluster para «responder á ameaza do libro electrónico»
martes, 19 de outubro do 2010
O
Consello da Cultura Galega acolleu esta mañá unha presentación histórica no
panorama cultural galego, coa constitución dun cluster que xunta as principais empresas
editoras, distribuidoras e de venda do paÃs nun proxecto que nace nun
momento crÃtico tanto pola conxuntura económica actual como polos cambios que
está a padecer o modelo de negocio tradicional.
O Clúster da Edición, LibrarÃas e Comercialización de Galicia quere favorecer a
innovación empresarial, a formación e os proxectos conxuntos entre os seus
participantes, asà como actuar coma mediador coa Administración. Un dos
principais retos deste ente será a reacción fronte ao libro electrónico, pois
segundo explica o presidente do novo cluster,
Alfonso GarcÃa SanmartÃn, «detrás da filosofÃa da creación está responder á ameaza do libro electrónico, que vén para ficar, aÃnda que a súa implantación vai ser moito máis lenta do que se augura», o que ilustrou comentando que «as editoras
galegas que apostaron polo libro electrónico venderon nun ano uns trinta
exemplares. Entón se a demanda é mÃnima, orientar as empresas de xeito masivo
ao formato dixital serÃa suicida».
Resulta un tanto paradoxal que á vez que o Clúster da Edición, LibrarÃas e
Comercialización de Galicia busque a innovación defenda tamén «a estrutura actual do sistema de edición»
apostando por «manter toda a cadea de
valor no sector do libro» o que non parece viable a longo prazo, como
demostraron outros sectores nos que a dixitalización supuxo un revulsivo
importante, de xeito que aÃnda que a industria musical e cinematográfica seguen
activas, negocios coma as tendas de discos ou os videoclubs padeceron unha
impresionante caÃda de demanda, o que poderÃa trasladarse á edición en poucos
anos, polo que afrontar este futuro negando a realidade non parece unha boa
estratexia.
SanmartÃn explicou na súa intervención con Consello da Cultura Galega que este
novo cluster chega en boa medida ante
a incapacidade do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego en abordar toda
a problemática do sector, pois sinalan que tal colectivo céntranse nos
problemas das artes gráficas e da publicidade, non correspondéndose coas «necesidades que pode ter o libro de texto e
o libro en xeral».