Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: NameTag quere levar o recoñecemento facial a dispositivos móbiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

NameTag quere levar o recoñecemento facial a dispositivos móbiles

Marcus Fernández
Publicado: 09/01/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nametag_1.jpgO recoñecemento facial podería dar pasos de xigante nos vindeiros anos grazas a dispositivos como las lentes de Google ou os nosos propios smartphones, e unha das compañías que quere contribuír a tal finalidade é FacialNetwork.com, que está a desenvolver actualmente NameTag, unha aplicación para dispositivos móbiles (que tamén pretende estar dispoñible para Google Glass) que empregará como fonte de información as fotografías dos perfís de páxinas web de citas, para facilitar que poidamos identificar no mundo a milleiros de persoas na procura de parella, aínda que tamén pretenden incorporar á base de datos máis de 450.000 entradas do rexistro estadounidense de agresores sexuais (información que pode resultar bastante polémica, pero que sen dúbida pode resultar de utilidade á hora de evitar riscos).
NameTag podería servir así para conseguir unhas interacción sociais no mundo real máis seguras, á vez que facilitaría que completásemos a información sobre a xente que temos ao noso redor partindo dos seus perfís en liña, de xeito que se identificamos a unha persoa podemos consultar a súa presenza en LinkedIn ou Facebook, ou incluso a súa ficha en Match.com ou OkCupid.com, para saber se está dispoñible.
Esta solución asegura que respectará a privacidade da xente, permitindo que os usuarios poidan decidir se a súa información estará visible en NameTag, e incluso poderá definirse que durante horas de traballo estea dispoñible unha información, e que os datos amosados no tempo de lecer sexan outros. Ábrese así todo un mundo de posibilidades que haberá que agardar para ver se son socialmente aceptadas, pois tecnoloxicamente non parecen ter problemas, agardándose a publicación da estrea da aplicación de NameTag para este mesmo trimestre para iOS e Android, confiando en que Google tamén autorice o seu uso nas súas lentes (aínda que xa teñen manifestado dúbidas sobre a posibilidade de permitir este tipo de tecnoloxía ante o potencial abuso da mesma).

Vídeo de demostración da tecnoloxía de NameTag

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?