Narón achega á veciñanza formacións en Canva e en mercadotecnia dixital
martes, 28 de xaneiro do 2025
A Aula CeMIT de Xuvia (Narón) acollerá esta tempada dúas formacións relevantes para a veciñanza: un curso de Canva e outras utilidades e outro sobre Ferramentas dixitais para marketing e productividade. O concelleiro de Novas TecnoloxÃas, Román Romero, avanzou que xa está aberto o prazo de inscrición para estas dúas convocatorias, que se impartirán en ambos casos do 6 de marzo ao 12 de maio deste ano e con doce prazas cada unha.
O curso de Canva e outras utilidades terá unha duración de 180 horas e desenvolverase en horario de mañá, de 9.30 a 13.30. O alumnado abordará temas como que é Canva, a creación dunha conta, a interface, tipos de proxectos e formatos, fundamentos de deseño, exploración de ferramentas e funcións, aplicación para redes sociais, presentacións infografÃas e outros documentos, edición de vÃdeo e audio, ferramentas externas e recursos complementarios e prácticas e proxectos. As inscricións poden realizarse a través da web da Aula CeMIT.
Asà mesmo, o curso de Ferramentas dixitais para marketing e productividade, tamén de 180 horas, levarase a cabo en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. Neste caso os contidos serán sobre conceptos básicos de productividade e mercadotecnia dixital, produtividade con ferramentas de Google, mercadotecnia con ferrramentas de Google, vendas: ferramentas de Google e enfoque dixital, publicidade: introdución a Google Ads, YouTube Studio e Tag Manager e outras ferramentas. As inscricións poden tramitarse na web da Aula CeMIT.