Narón amplifica o seu xeoportal cun visor que achega información sobre as áreas industriais locais

martes, 18 de febreiro do 2025 S. P.

“Trátase dun documento vivo que experimentará cambios ao longo do tempo e que iremos actualizando dende o Concello, polo que calquera posíbel indicación que se queira facer ao respecto deses cambios ou dalgunha variación sobre os datos recollidos no visor, agradecemos que se trasladen a través do correo electrónico ao enderezo: f.castro@naron.gal”, explicou Olga Ameneiro, mostrando a súa confianza “en que esta nova ferramenta sexa de gran utilidade” e recalcando “o importante traballo realizado por persoal municipal para que este visor sexa finalmente unha realidade”.