Natasha Bedingfield promocionará o xogo Boogie SuperStar

xoves, 28 de agosto do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 57.3 KB
Natasha Bedingfield probando Boogie SuperStar

O xogo Boogie vai ter unha secuela, Boogie SuperStar, que parece que se vai a orientar especialmente ao público feminino (que parece que ser o que máis gusta dos xogos de karaoke) e que desta volta contará só con versión para a Nintendo Wii.
O lanzamento do xogo terá lugar en outubro, e para promocionalo contan con nada menos que coa cantante Natasha Bedingfield (popular polo seu tema Unwritten) coma voceira oficial. O xogo incluirá máis de 40 cancións de intérpretes coma Rihanna, Fergie, Avril Lavigne,Leona Lewis ou Britney Spears, pero para non orientarse só ao público norteamericano engadirán temas populares en España, Italia, Francia, Alemaña e Países Baixos, o que mellorará o atractivo do título.
As cancións españolas que incorporará o Boogie SuperStar serán Adiós (Angry), Tu peor error (La 5ª Estación), Eres tonto (El Canto del Loco), Viene y va (Fito & Fitipaldis), Para toda la vida (El Sueño de Morfeo) e Estrella polar (Pereza).
Boogie SuperStar funcionará cun micrófono, pero tamén tirará proveito do mando da Wii para facer movementos de baile. Contará con distintos modos de xogo (dando especial relevancia ao seu uso cos amigos) e ofrecerá moitas posibilidades na personalización dos avatares que manexemos durante as partidas nas que evolucionarán ata converterse en estreas da música.

PUBLICIDADE