Naturgy inviste máis de 200 millóns na dixitalización e mellora das redes eléctricas galegas en 2023
martes, 20 de febreiro do 2024
Na dixitalización e na mellora dos máis de 60.000 quilómetros de rede en Galicia da UFD, a distribuidora eléctrica do grupo Naturgy investiu 222 millóns en 2023, un 60% con respecto ao ano anterior.
Máis polo miúdo, estes investimentos centráronse en innovación e aplicación de novas tecnoloxÃas para avanzar na telemedida e telexestión dos puntos de subministro, no telecontrol e sensórica das redes, asà como no robustecemento das infraestruturas, co obxectivo de integrar o incremento da xeración renovábel.
O esforzo realizado pola compañÃa en sensórica e dixitalización das súas infraestruturas permitiu a mellora da calidade do servizo medida a través do Tempo de Interrupción Equivalente á Potencia Instalada (TIEPI). AsÃ, o indicador que mide a calidade da subministración eléctrica e o TIEPI, sinala que a interrupción media do servizo foi de 41,1 minutos durante o ano pasado, cunha mellora do 35% nos últimos cinco anos.
En 2023, entre outras actuacións de mellora das súas instalacións, a compañÃa construÃu unha nova liña de alta tensión entre Carballo e a parroquia de Bértoa, na provincia da Coruña, onde ademais adaptou a subestación do municipio. Na mesma provincia, renovou as estruturas metálicas nas liñas de alta tensión entre Cornido e Vilar do Colo, Eume e Pedrido, e Fibranor e Mourela, e realizou o soterramento dun treito da liña Cornido-Santa Mariña e Cornido-Porto Exterior Ferrol, nos municipios de Ferrol e Narón.
Na provincia de Pontevedra, a UFD ampliou a subestación de LalÃn e axeitou a subestación de Sárdoma, en Vigo; ampliou a potencia de transformación das subestacións de Barro; Mourente, en Pontevedra; Tibo, Salvaterra e Ponteareas e tamén soterrou un tramo da liña aérea entre Padrón e Tibo ao seu paso polo núcleo de Caldas de Reis.
Na provincia de Ourense, a compañÃa ampliou a potencia da subestación de Frieira e acondicionou as de San Cibrao e Xinzo de Limia, asà como a liña de alta tensión entre Salas e Celanova. Na provincia de Lugo, axeitou a subestación de Belesar e a liña de alta tensión entre Chantada e Lugo.
A distribuidora eléctrica de Naturgy mantén un forte compromiso coa sociedade e o desenvolvemento económico dos territorios onde está presente, a través desta importante achega á economÃa rexional, sempre coa sustentabilidade e o medio ambiente como piares básicos para a creación de valor económico, ambiental e social a curto e longo prazo.
O investimento e o gasto da compañÃa xeran 15.500 empregos directos, indirectos e inducidos en Galicia, actuando como importante panca á hora de fixar poboación nas zonas rurais.
Para rematar, dicir que a UFD está presente en Galicia, onde é o maior distribuidor de electricidade, dá servizo a 1,6 millóns de puntos de subministración en 286 municipios, a través dunha rede de 60.300 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión.