Navegador GPS de Vexia que advirte de posibles multas e perdas de puntos no carné de conducir
martes, 23 de marzo do 2010
Dende Xataka puxeron
a proba o navegador GPS Vexia Econav 480, que cun grosor de só 11,5
milÃmetros e un peso de 150 gramos non resulta manco, contando cun procesador a
500 MHz, 128 Mb de RAM e unha memoria interna de 2 Gb. O seu receptor Sirf
Atlas IV tamén capta o sinal de GPS case ao momento, os seus mapas 2D e 3D son
bastante precisos; pero se en algo destaca este dispositivo é no feito de que coa
tecnoloxÃa Econav (que tras introducir os detalles do novos vehÃculo)
aconséllanos cómo conducir para aforrar combustible e incluso sorprende coa
funcionalidade Más Puntos Menos Multas,
un sistema en tempo real (visual e sonoro) que indica ao condutor o importe en
cartos e puntos de carné que suporÃa o exceso los lÃmites de velocidade
establecidos, o que fai durante toda a ruta e non só durante os tramos
controlados por radar (dos que tamén dá conta mediante Vexia Radar Plus).
Este interesante navegador GPS cos mapas da PenÃnsula Ibérica véndese a uns 200
euros na súa versión con pantalla de 4,3 polgadas, sendo posible atopar o
modelo 380 (con pantalla de 3,5 polgadas) a un prezo máis reducido.