Naver poderÃa adquirir Wallapop por 600 millóns de euros
xoves, 17 de xullo do 2025
Segundo publican as páxinas do diario El PaÃs, a plataforma de compravenda de produtos de segunda man Wallapop poderÃa ser vendida nas vindeiras semanas ao conglomerado surcoreano Naver nunha operación en fase avanzada de negociación que implicarÃa a adquisición do 100 % do capital por parte de Naver, que xa controla arredor do 22 % das accións a través do fondo Korelya Capital.
A operación está a xerar malestar no ecosistema de investimento español pola súa valoración, considerablemente inferior á rexistrada en anteriores roldas de financiamento. En concreto, Naver estarÃa a ofrecer un enterprise value de 600 millóns de euros, cun equity value de 568 millóns, o que supón unha rebaixa de máis de 200 millóns con respecto á cifra establecida en febreiro de 2024, cando se cifraba a empresa en 806 millóns de euros tras a entrada de novos socios institucionais, como o Instituto de Crédito Oficial (ICO).
A transacción estarÃa a topar resistencia por parte dalgúns accionistas minoritarios, como o fondo 14W, que posúe preto do 20 % do capital, asà como outros socios como Insight Venture Partners e Accel, con aproximadamente un 15 % cada un. Estes investidores entenden que a empresa non perdeu valor desde o último levantamento de capital e consideran inxustificada a rebaixa, especialmente cando Wallapop mantén unha posición sólida de liquidez e presenta previsións de ingresos para 2025 de ata 140 millóns de euros, cun EBITDA estimado de 25 millóns.
A alternativa a esta venda poderÃa ser unha saÃda a Bolsa. De feito, entidades financeiras como Goldman Sachs e Morgan Stanley xa analizaron a posibilidade dunha OPV nos vindeiros 18 a 24 meses. A cotización de Wallapop no mercado continuo español servirÃa para reforzar o tecido tecnolóxico do paÃs, achegar capital local á empresa e facilitar a compra de accións aos seus usuarios, moitos deles en España, onde a aplicación está presente no 87 % dos teléfonos móbiles.
