Neo1973: teléfono móbil aberto que corre sobre Linux
mércores, 13 de decembro do 2006
A idea dun teléfono móbil Linux de baixo prezo e cen por cen aberto está presente dende hai tempo en diferentes webs de usuarios e desenvolvedores e máis en foros de Internet, pero mais como unha arela que como unha realidade.
Probablemente, nunca antes chegou a ser tan real este aparello devecido como este mércores 13 de decembro, data na que foi presentado na Web o Neo1973, un teléfono que chegará ó mercado e en xaneiro e que ten a seguinte gran caracterÃstica: está feito dende a cabeza ós pes con código aberto.
E virá da man da firma taiwanesa First International Computer (FIC), incluÃndo un sistema operativo e middleware cun nome que pode dar lugar a chistes fáciles: OpenMoko.
Ó tratarse dun sistema aberto (baseados en parte nun kernel Linux 2.6), poderá ser modificado por desenvolvedores de todo o mundo.
O equipo, que é un GSM libre (non precisa licenzas nin permisos de operadores) inclúe pantalla táctil, receptor de GPS, 128 mb de memoria e radio cuadribanda, entre outras caracterÃsticas.
Na web canalpda.com podemos atopar información abonda sobre este aparello, que (como todos podemos supoñer) é en si mesmo unha gran incógnita sobre as súas potencialidades no mercado.