Neonode N2: novo teléfono/reprodutor multimedia con pantalla táctil

luns, 9 de xullo do 2007 Marcus Fernández

O fabricante sueco Neonode está a comezar a comercialización do seu novo terminal N2, descoñecéndose cando chegará a España (a compañía está a negociar a distribución do novo móbil en toda Europa, agardando que se vexan as primeiras unidades a finais do verán), pero supón unha opción básica para os que queren contar con servizos de reprodución multimedia nun móbil con pantalla táctil na liña do iPhone de Apple.


Video no que se revisa a interface do Neonode N2

O Neonode N2 contan cunha pantalla de 2 polgadas e 176 x 220 píxeles de resolución, emprega como almacenamento tarxetas miniSD, reproduce son en formatos MP3, WMA e WAV, e vídeo en formatos MPEG e WMV. No tocante á conectividade soporta GSM, GPRS e Bluetooth. Tamén inclúe unha cámara de 2 Mpíxeles e permite sincronizar tanto o calendario coma os contactos de Outlook mediante Acive Sync. Mide 47 x 77 x 14,7 mm e só pesa 60 gramos.

PUBLICIDADE