Netflix e Spotify colaborarán no ámbito dos videopodcasts
martes, 14 de outubro do 2025
Netflix e Spotify anunciaron un acordo histórico que levará algúns dos videopodcast máis populares de The Ringer e outras producións ao catálogo de ambas plataformas. A partir de comezos de 2026, tÃtulos como The Bill Simmons Podcast, The Ringer NFL Show, The Rewatchables ou Conspiracy Theories poderán verse con vÃdeo tanto en Netflix como en Spotify, nun movemento que consolida a converxencia entre o streaming audiovisual e o podcasting.
A alianza abrangue contidos de deporte, cultura, cociña, música e true crime. Entre os programas deportivos figuran The Bill Simmons Podcast, The Zach Lowe Show, The McShay Show, Fairway Rollin’, The Mismatch, The Ringer F1 Show, The Ringer Fantasy Football Show, The Ringer NFL Show e The Ringer NBA Show. No ámbito cultural e de estilo de vida estarán The Rewatchables, The Big Picture, The Dave Chang Show, Recipe Club e Dissect, mentres que a categorÃa de true crime incluirá Conspiracy Theories e Serial Killers.

- The Rewatchables é un dos podcasts que poderá verse en Netflix o ano que vén
«En Netflix sempre buscamos novas formas de entreter os nosos subscritores, onde e como queiran ver», explicou Lauren Smith, vicepresidenta de Licenzas de Contido e Estratexia de Programación da compañÃa. «A medida que os videopodcast seguen gañando popularidade, a nosa colaboración con Spotify permÃtenos ofrecer versións completas en vÃdeo destes programas a ambas audiencias. Desde a cultura pop e o estilo de vida ata o deporte e o crime real, esta selección engade voces frescas e novas perspectivas que fan a nosa oferta máis emocionante ca nunca».
Pola súa parte, Roman Wasenmüller, vicepresidente e responsable de podcast en Spotify, sinalou que «esta asociación marca un novo capÃtulo para o podcasting. Xunto con Netflix, ampliamos as posibilidades de descubrimento, axudamos os creadores a chegar a novos públicos e damos aos fans de todo o mundo a oportunidade de vivir as historias que adoran e descubrir favoritas inesperadas. Isto ofrece máis opcións aos creadores e abre unha nova oportunidade de distribución».
Os videopodcast estarán dispoñibles nos Estados Unidos a comezos de 2026, e chegarán a outros mercados nunha fase posterior, dando a entender como auténticos xigantes como son Netflix e Spotify son quen de unir forzas con tal de non deixar que YouTube monopolice un formato audiovisual.
