Netflix escolleu Vigo para facer promoción de El Juego del Calamar 2
luns, 16 de decembro do 2024
A plataforma de contidos en streaming Netflix escolleu a cidade de Vigo para facer promoción da segunda tempada da serie surcoreana O Xogo da Lura (El Juego del Calamar), que é a máis vista da historia da plataforma con máis de 265 millóns de reproducións coa súa primeira entrega, converténdose nun fenómeno cultural a nivel mundial.
O pasado venres o rexedor vigués, Abel Caballero, enfundouse a chaqueta do xogador 456 (Seong Gi-hun) para recibir na cidade a figura da boneca Young-Hee, que chegou acompañada dos pink guards.
Cun tamaño de 4,5 metros, estivo instalada na praza da Constitución até este domingo 15 de decembro.
Vigo foi a primeira cidade escollida por Netflix para realizar a promoción da segunda tempada do serial, que se estreará o vindeiro 26 de decembro. Dous dos protagonistas principais da serie estiveron estes dÃas en Vigo visualizando os detalles da nova tempada, acompañados do equipo de gardas que se encargou de vixiar a boneca instalada na praza da Constitución, levando a cabo diferentes gardas para impedir que aquela ficase desprotexida.
Segundo confirmou o Concello, foron moitos os veciños e visitantes que se pasaron polo centro histórico de Vigo para contemplar o cambio de garda, acompañado da banda sonora da serie.
Catro actores e dez bailarÃns foron os protagonistas desta iniciativa de Netflix en Vigo canda a boneca xigante Younghee, protagonista do xogo Luz vermella, luz verde da serie.
A campaña da plataforma chegará estes dÃas de decembro a outros puntos de España.