Netflix experimenta problemas en EE.UU. e Europa

xoves, 26 de marzo do 2020 Marcus Fernández

Pese a que os servizos de vídeo en liña limitan a calidade para reducir o seu impacto nas redes de telecomunicacións, o incremento do consumo audiovisual en tempos de reclusión no fogar resulta inevitable que haxa incidencias, e durante as últimas horas o servizo de Netflix veuse finalmente afectado, cunha caída parcial que padeceron principalmente usuarios de EE.UU. e Europa, aínda que en España o servizo continuou a funcionar con normalidade.
Os fallos de Netflix terían afectado por igual a usuarios de móbil, ordenadores persoais e televisores conectados, e teríanse producido a distintas horas, deixando claro que a alta demanda do servizo nestas datas é un problema difícil de atallar, aínda que por fortuna para os usuarios os problemas están a solucioanrse con relativa velocidade (o meirande fallo do servizo durou apenas unha hora).

PUBLICIDADE