Netflix facilita a descarga de series completas en iPhone e iPad

mércores, 29 de xaneiro do 2025 Marcus Fernández

A finais de 2016 Netflix estreou nas súas aplicacións móbiles a posibilidade de descargar contidos para poder reproducilos sen conexión, función especialmente ben recibida por usuarios viaxeiros e polos que queren gozar de películas e series en situación nas que carecen dunha boa conexión á Rede (como pode ser en segundas residencias) ou simplemente cando non están no seu fogar e non queren esgotar a súa tarifa de datos.
Ante o atractivo do consumo de contidos fóra de liña Netflix decidiu estrear unha novidade que aseguran que é moi demandada polos usuarios de iPhone e iPad: un botón de descarga de tempadas completas de series. Esta función estaba dispoñible dende hai tempo en dispositivos con Android, e agora universalízase en dispositivos móbiles, axilizando a descarga de varios episodios das nosas series favoritas para poder consumilos cando non teñamos acceso á Rede ou non queiramos abusar dos datos móbiles.

Cando exploramos unha serie dende un dispositivo móbil podemos premer un botón para iniciar a descarga completa dunha tempada