Netflix inicia as probas da súa plataforma de xogo na nube
luns, 14 de agosto do 2023
A
aplicación de mando de xogos que Netflix estreou na App Store confirmou o
que se vÃa vir, pois a compañÃa de vÃdeo en streaming anunciou hoxe que dentro
da súa aposta polos videoxogos, que até o momento limitábase a dispositivos
móbiles, vai chegar tamén a televisores e ordenadores.
Concretamente aseguran que están a
desenvolver unha proba entre un número reducido de usuarios de Canadá e Reino
Unido, inicialmente no televisor e, nas vindeiras semanas tamén para ordenadores
a través do navegador. Esta probas realizaranse cos xogos Oxenfree de
Night School Studio e Molehew’s Mining Adventure de Netflix Game Studio.
Estes xogos para o televisor manexarÃanse a través na aplicación móbil antes
mencionada, mentres que en ordenadores manexarÃanse co teclado e o rato.
Esta tecnoloxÃa de xogo na nube desenvolverá estas probas en grande medida para
poder optimizar a experiencia aos numerosos dispositivos nos que está presente
Netflix, como serÃa os Fire TV, os Chromecast con Google TV, os televisores de
Samsung e LG, ou os dispositivos nVIDIA Shield TV, aos que se irán incorporando
máis dispositivos no futuro, entre os que polo momento non se espera que estea
o Apple TV, por mor das normas contra o streaming de videoxogos que impón a
compañÃa de Cupertino.