Netflix ofrece aos seus subscritores o último xogo das Tartarugas Mutantes
martes, 10 de xaneiro do 2023
O xogo de acción con aire retro TMNT: Shredder’s Revenge
(A Vinganza do Desfibrador), que a
mediados do ano pasado estreou versións para PC, Nintendo Switch, PS4 e Xbox
One como tributo aos xogos de recreativa das Tartarugas Mutantes baseados
na serie de animación de 1987 que botaran no seu dÃa na Galega, vén de estrear
unha versión
para móbiles de man de Netflix, de xeito que os subscritores da plataforma
de streaming poden facer con este divertido xogo sen custo adicional.
Esta versión para móbiles ofrece a esencia do xogo, pero adapta o seu sistema
de control á pantalla táctil dos dispositivos móbiles (aÃnda que tamén é compatible
con mandos Bluetooth), facendo asà máis doado lanzar os ataques cos que
Leonardo, Raphael, Michelangelo, Donatello, April e o mestre Acha derrotarán a
unha chea de inimigos clásicos entre os que non fallan Bebop, Rocksteady, o
Desfibrador, Baxter Stockman ou o Triceratón.
Todo un imprescindible para os que gozaban dos salóns recreativos nos anos 80 e
90 e foron vÃtima da febre polas Tartarugas Mutantes que se desencadeou en 1990
coincidindo co seu salto á grande pantalla.
- No xogo non só podemos manexar ás tartarugas, senón que tamén están dispoñibles outros personaxes como April O’Neil ou o mestre Acha