Netflix ofrecerá aos seus subscritores a triloxÃa de GTA
mércores, 29 de novembro do 2023
Mentres o público
está expectante por ver o primeiro tráiler de Grand Theft Auto VI,
Netflix sorprende anunciando que o 14 de decembro ofrecerá aos seus
subscritores sen custo adicional na súa versión para iOS e Android a
recompilación de xogos Grand Theft Auto: The Trilogy - The Definitive Edition.
Falamos dun lote que inclúe as versións definitivas (ou sexa, con todas as actualizacións
integradas de saÃda) de Grand Theft Auto III, Grand Theft Auto: Vice
City e Grand Theft Auto: San Andreas, que foron os grandes tÃtulos
que asentaron as bases do éxito das seguintes entregas, no que é unha das franquÃas
de maior facturación da historia, e que poderÃan considerarse como os produtos
de lecer máis lucrativos, superando amplamente ás grandes estreas cinematográficas.
De feito, Grand Theft Auto V poderÃa ter superado xa os 8 mil millóns de
dólares de ingresos, cando na actualidade ningún filme superou os 3 mil millóns
de dólares, podendo compararse asà a franquÃa de Grand Theft Auto a, por
exemplo, as sagas de Star Wars en pantalla grande.