Netflix ofrecerá aos seus subscritores un xogo de Peppa Pig
luns, 7 de abril do 2025
A plataforma de vÃdeo baixo demanda Netflix ofrece no seu catálogo 6 tempadas da serie de animación infantil Peppa Pig, na que se dan a coñecer as aventuras de todos os dÃas de Peppa e a súa familia e amigos. Pero a compañÃa de Reed Hastings quere ampliar esta oferta dun xeito diferente, polo que anuncia que no mes de xuño ofrecerá aos seus subscritores a aplicación World of Peppa Pig, dirixida a pais e fillos, para que exploren xuntos os quebracabezas, minixogos, libros de colorear e outros contidos que amplÃan o xeito de relacionarse con este querido personaxe animado.
A aplicación achega pequenos xogos para complementar o goce desta serie para público preescolar, animando a que a utilización desta ferramenta lúdica se realice en familia, para que pais e fillos poidan xogar xuntos.
Netflix tamén adianta que en xuño terá novos episodios desta serie de éxito.