Netflix potencia o control paterno mediante PIN

luns, 5 de marzo do 2018 Marcus Fernández

O control paterno é cada vez máis importante no ámbito do fogar para protexer aos cativos de contidos que os seus proxenitores poden considerar prexudiciais, e dende Netflix son moi conscientes disto, polo que están a presentar unha interesante mellora para o sistema de protección mediante PIN, de xeito que non só será posible restrinxir o acceso a series e película en función da súa cualificación por idades, senón que tamén será posible introducir títulos individuais, para que pais e titores poidan ter un control máis específico sobre o que os seus pequenos poden ver.
Estas medidas responden ao feito de que cada familia é diferente, polo que teñen distintas opinións sobre o que consideran apto para cada idade determinada, permitindo así un maior nivel de control.
Netflix tamén está a facer que a cualificación por idades dos distintos contidos na súa plataforma estea máis visible, para que os subscritores sexan plenamente conscientes da idade para a que se recomenda cada contidos cando comecen a súa reprodución.

PUBLICIDADE