Netflix publicará Hades para iPhone e iPad

martes, 5 de marzo do 2024 Marcus Fernández

O xogo Hades non só foi un lanzamento moi reputado, senón que incluso fixo historia ao converterse no primeiro videoxogo en recibir un Premio Hugo, e agora sorprende polo seu xeito de chegar aos dispositivos móbiles de Apple, xa que a súa estrea en iOS non será libre, senón que o 19 de marzo estrearase para iPhone e para iPad en exclusiva para subscritores de Netflix.
Esta creación de Supergiant Games é un xogo de rol roguelike cheo de acción ambientada na mitoloxía grega, que chega a dispositivos móbiles nun grande momento, xa que está previsto que en breve estree secuela, polo que darase a coñecer a un público máis amplo antes de ampliar a súa saga.
A versión móbil de Hades conta con controis táctiles personalizables, sendo tamén compatible con mandos Bluetooth, e a nivel de contidos ofrece o mesmo que a versión para PC e consola.

Tráiler desta nova versión de Hades

PUBLICIDADE