Netflix recupera o Buscaminas
mércores, 3 de xullo do 2024
Os xogos de ordenador máis populares podemos dicir sen temor a errar que serÃan o Solitario e o Buscaminas, por estar incluÃdos no Windows coa idea de familiarizar aos usuarios con conceptos da interface do sistema como son as accións de arrastrar e soltar ou de premer o botón dereito do rato.
AÃnda que Microsoft segue a ofrecer de balde estes xogos (que xa non veñen preinstalados en todos os equipos), agora é Netflix o que recupera un destes tÃtulos, nunha curiosa versión para móbiles. Deste xeito os subscritores da compañÃa de streaming poden gozar de balde en Android e en iOS do Buscaminas, nunha versión desenvolvida por Smoking Gun Interactive para Netflix, que está optimizada para o seu uso en pantalla táctil, de xeito que o usuario pode facer pinza dos dedos para aproximarse ou afastar a imaxe, e premer as celas nas que crea que hai ou non unha mina agochada alternando entre os modos bandeira e revelar.
Para facer máis variado e divertido este xogo, as distintas pantallas repartiranse a través de diferentes lugares do mundo, dotando as partidas de variedade gráfica; á vez que tamén haberá que superar 3 novos desafÃos cada dÃa con distintos niveis de dificultade.
- O xogo presenta un coidado apartado gráfico e unha interface de uso adaptada a pantallas táctiles
VÃdeo promocional do Buscaminas de Netflix