Netflix sobe os seus prezos en España
luns, 20 de abril do 2026
A chegada de Netflix a España como un servizo de streaming de pagamento cunha ampla oferta de contidos e un prezo popular foi mudando moi lentamente, con pequenos cambios nas condicións do servizo que van dende a adopción de medidas para evitar compartir contas de usuarios ata a eliminación do plan máis básico para impulsar un plan con publicidade. E precisamente esta última tarifa, que busca ser a porta de entrada a Netflix, é a que experimenta a máis importante suba de prezo, pois xa son oficiais as novas tarifas de Netflix en España, e o plan con estándar con anuncios pasa de 6,99 a 8,99 euros.
Pola súa banda, o plan estándar ten un incremento de prezo máis moderado (de 13,99 a 14,99 euros), mentres que o plan premium pasa de 19,99 a 21,99 euros. Cómpre salientar que os plans estándar permiten o uso en ata 2 dispositivos á vez, mentres que o plan premium permite ata 4 reproducións á vez, contando tamén con maior calidade de imaxe (permitindo 4K con HDR en vez do Full HD do resto de tarifas).
Temos aquà un claro exemplo do concepto de merdificación, cun servizo que non cesa de incrementar prezos á vez que empeora as súas condicións, centrándose na súa explotación económica en vez de en ofrecer unha boa experiencia de uso.

- Nova táboa de tarifas de Netflix
