Netgear lanzará a primeira solución NAS para 6 discos orientada ás PEME
martes, 29 de abril do 2008
Os dispositivos de almacenamento en rede (NAS)
para a PEME teñen unha grande demanda, e atendendo á mesma Netgear anunciou a
primeira solución deste tipo con 6 baÃas para discos duros nun pequeno formato.
O ReadyNAS
Pro permite conectar ata 6 discos duros SATA de 1 Tb de capacidade cada un,
con dúas interfaces externas Gigabit Ethernet, o que garante un acceso rápido e
redundante a este sistema de almacenamento dende equipos conectados á súa rede
local. Cando se precise de garantir a integridade dos datos esta solución
permite o seu uso mediante distintos tipos de configuracións RAID.
Para atender aos discos instalados, o ReadyNAS Pro funciona
cun procesador Intel Core 2 Duo cunha memoria RAM de 1 Gb (ampliable ata 4
Gb) e 128 Mb de memoria Flash para o seu sistema operativo. Tamén inclúe 3
portos USB 2.0 que permiten a conexión de unidades USB e impresoras.
Esta nova solución NAS aparecerá
no mercado o vindeiro outono a prezos que comezarán en 2.000 dólares.