New Super Mario Bros. 2 estrea contido descargable

martes, 2 de outubro do 2012 Marcus Fernández

O xogo para a Nintendo 3DS New Super Mario Bros. 2 estrea hoxe unha interesante novidade para unha consola portátil de Nintendo, como é a posibilidade de ampliar a súa experiencia a través de contido descargable de pagamento, de xeito que xa é posible adquirir 3 novos sets de niveis do modo Febre do ouro por un prezo de 2,50 euros cada un.
Os DLC comezan cun doado conxunto de niveis chamado Hazte de oro que consiste en acumular moedas como Mario doado; o segundo lote de niveis titulado Cazamonedas A ten unha dificultade media e consiste en superar as puntuacións máis elevadas destas fases para acadar as mellores posicións; e o terceiro set, Nervios de acero, reta aos usuarios máis experimentados cunha serie de niveis nos que non pode cometerse nin un único fallo.
Podemos ver estes novos contidos para o New Super Mario Bros. 2 explicados no seguinte vídeo:

Os niveis de Cazamonedas A</Em> instaranos a conseguir as mellores puntuacións

PUBLICIDADE