New Super Mario Bros Wii supera os 100 millóns de copias
luns, 25 de xaneiro do 2010
Pese a que o
grande éxito no sector dos videoxogos da tempada é claramente o xogo Call of Duty: Modern Warfare 2, este
xogo de acción para público adulto ten un duro competidor da man de Nintendo, o
New Super Mario Bros Wii, que pese a
ser un tÃtulo exclusivo para unha plataforma en concreto, poderÃa superalo en
número de copias vendas a medio-longo prazo, pois veñen de anunciar que en
só 8 semanas á venda o xogo sumou
3 millóns de copias en Europa, 3 millóns en Xapón e 4,5 millóns en Norteamérica,
polo que superarÃa en vendas ao Super
Mario Galaxy, e situarÃase coma un dos xogos máis vendidos desta xeración.
Se analizamos os xogos por plataforma, o New
Super Mario Bros Wii é o claro vencedor deste Nadal, superando os 10
millóns de copias, mentres que o Modern
Warfare 2 para Xbox 360 quedou en pouco máis de 9 millóns de copias, aÃnda
que superarÃa os 15 millóns se sumamos as vendas para PlayStation 3, pero en conta
que os xogos de Nintendo para Wii tenden a ter fortes vendas a longo prazo, é de agardar que Mario supere ao xogo
desenvolvido por Infinity Ward (lembremos que o New Super Mario Bros para Nintendo DS vai polos 21 millóns de
copias, e continúa entre os xogos máis vendidos na actualidade).
Pese a que a Wii parece estar en decadencia, tal crise non está a afectar aos
tÃtulos desenvolvidos por Nintendo, e incluso Wii Fit Plus supera lixeiramente ao Modern Warfare 2 para Xbox 360 a nivel mundial, Mario Kart Wii supera os 20 millóns de
unidades vendidas e Wii Play vai
camiño dos 27 millóns de copias.
- O xogo de Mario para Wii destaca por permitir a participación de 4 xogadores simultáneos (en local)