News Showcase chega a España

venres, 23 de setembro do 2022 Marcus Fernández

Google News regresou a España o pasado 22 de xuño, e agora o servizo de novas de Google estrea o apartado News Showcase, un programa de contidos en liña baixo licenza especialmente seleccionados polos medios, no que actualmente participan en España 60 medios que en conxunto representan a máis de 140 publicacións de distinto ámbito, como poden ser Atresmedia, El País, Europa Press, La Voz de Galicia ou o Faro de Vigo.
News Showcase visualízase mediante paneis nos que os medios poden elixir as novas que consideran máis importantes, de xeito que teñen un maior control sobre a súa presentación e da súa imaxe de marca, converténdose nunha canle de distribución máis dos seus contidos. Están visibles nas versións web e móbiles de Google News, e tamén no apartado de Discover das aplicacións móbiles de Google. Estes paneis remiten aos lectores aos artigos completos nos seus respectivos sitios web.

Os medios teñen o control sobre como se presentan as súas novas en News Showcase

PUBLICIDADE