NieR: Automata BECOME AS GODS Edition chega a Xbox One
martes, 26 de xuño do 2018
En marzo do ano pasado chegou
a PlayStation 4 e PC o xogo NieR:
Automata, tÃtulo ambientado nun mundo distópico no que os androides 2B,
9S e A2 loitan para recuperar o planeta tras unha invasión de alienÃxenas
mecanizados. Mesturando elementos de rol e acción conseguiron crear un xogo bastante
completo, que xunto a unha historia fascinante valeulle o favor do público e a
crÃtica, de aà que dende Microsoft non quixesen que o xogo estivese ausente da
súa consola, e hoxe ve a luz nunha versión
especial chamada NieR: Automata BECOME AS
GODS Edition, que sae á venda a prezo reducido (49,99 euros).
A nova versión de NieR: Automata está
optimizada para Xbox One X, de xeito que os posuidores de tal consola poderán
velo en 4K con HDR, e tamén inclúe o DLC 3C3C1D119440927 (coas indumentarias traxe suxerente para 2B, traxe de mozo para 9S e traxe destrutor para A2) e, tras superar
as misións secundarias, permite gozar no xogo atavÃos de NieR Replicant. Tamén inclúe outros contidos como son: máscara
máquina, Grimoire Weiss, Pod caixa, Pod retro gris e Pod retro vermello.
Temos asà que os xogadores de Xbox One conseguiron ter por fin este xogo no seu
catálogo, compensado o retraso en chegar con máis contidos e un prezo menor
(lembremos que o prezo actual do xogo na súa edición básica é de 69,99 euros
para PS4 e 59,99 euros para a versión de PC, na que o contido descargable
incluÃndo na nova versión terÃa un custo adicional de 13,99 euros).
- O xogo chega preparado para gozar de gráficos 4K con HDR en Xbox One X
Tráiler de lanzamento de NieR: Automata BECOME AS GODS Edition