Nikon Df, unha nova cámara cun aire clásico

martes, 5 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Aínda que nos últimos meses esteamos a ver a chegada ao mercado a chegada de numerosas cámaras réflex e sen espello a prezos asumibles e con prestacións notables, non todos os produtos buscan chegar a un público tan amplo, e así tempo agora a nova Nikon Df, unha cámara full-frame (FX) de grande calidade, cunha aparencia clásica e un corpo relativamente contido (mide 143,5 x 110 x 66,5 milímetros e pesa 765 gramos con batería e tarxeta de memoria), que está destinada a profesionais que poidan permitirse a súa adquisición (nos EE.UU. ponse á venda este mes a un prezo de 2.750 dólares).
Esta nova cámara chega cun sensor CMOS de formato FX de 16,2 Mpíxeles (o mesmo que incluía a emblemática Nikon D4) ofrecendo imaxes detalladas e ricas en tonalidades, un deseño propio das clásicas cámaras de 35 milímetros de Nikon, unha sensibilidade de entre 100 e 12.800 ISO (ampliable ata 204.800 ISO) para poder sacar imaxes con pouca luz, cun grande rendemento a alta velocidade (pode facer disparo continuo a resolución completa a unha velocidade de 5,5 imaxes por segundo) e goza dun procesador de imaxes EXPEED 3 que garante unha boa nitidez incluso con sensibilidades ISO altas.
A Nikon Df conta cunha pantalla LCD de 3,2 polgadas, un visor óptico de grande rendemento, modo de disparo silencioso, distintos modos de recorte, diais mecánicos, sistema de enfoque automático de alta sensibilidade e grandes posibilidades para disparar instantáneas en condicións de alto contraste (cos modos HDR e D-Lightning).

PUBLICIDADE