Nikon anuncia a primeira cámara somerxible con lentes intercambiables

xoves, 19 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Nikon presentou hoxe a súa nova cámara dixital Nikon 1 AW1, que preséntase ao mundo como a primeira cámara dixital con obxectivos intercambiables e 2 obxectivos dedicados que pode empregarse debaixo da auga, sendo capaz de soportar submersións na auga ata a 15 metros e tolerando caídas de ata 2 metros de altura, características inéditas nun dispositivo deste tipo.
A Nikon 1 AW2 mantén un formato bastante compacto (mide 113,3 x 71,5 x 37,5 milímetros), ten un sensor de 14,2 Mpíxeles e permite disparar fotografías a 15 imaxes por segundo con enfoque automático ou 60 imaxes por segundo con foco fixo (polo que resulta bastante atractiva para recoller secuencias de acción).
A cámara é compatible con numerosos obxectivos NIKKOR, dos que existen 2 desenvolvidos especificamente para soportar auga e golpes e na primavera venderase tamén un flash específico para funcionar debaixo da auga. Esta interesante cámara ten previsto a súa posta á venda no mes de outubro cun obxectivo de 11-27,5 milímetros por 799,95 dólares, están dispoñible tamén nun lote cun obxectivo de 10 milímetros por 999,95 dólares. A cámara tamén estará dispoñible en negro, branco ou prata, podendo completarse con fundas de goma de cores que aportan tanto protección como personalización.

A Nikkon 1 AW1 poderá personalizarse con coloridas fundas de goma

PUBLICIDADE