Nikon colabora con RED na súa nova cámara de cine
mércores, 10 de setembro do 2025
Nikon presentou a súa nova cámara ZR, o modelo máis compacto da serie Z Cinema, froito da colaboración coa filial RED Digital Cinema. Trátase dunha cámara con sensor de fotograma completo dirixida a filmacións cinematográficas, á producións profesionais e a creadores que buscan solucións de máxima calidade combinando as tecnoloxÃas de ambas compañÃas.
A Nikon ZR incorpora o novo formato R3D NE, desenvolvido especificamente para Nikon a partir do codec RAW de RED, co obxectivo de garantir unha reprodución fiel da cor e unha coincidencia total cos estándares de exposición das cámaras da firma estadounidense. A isto engádese unha ampla marxe de rango dinámico (15 pasos ou máis) e dobre sensibilidade base en ISO 800 e ISO 6400, o que lle permite ofrecer gravación interna en 6K a 59,94p.
No apartado do son destaca que é a primeira cámara do mundo con lentes intercambiables capaz de gravar audio en 32 bits flotantes tanto co micrófono interno coma con externos. Este micrófono de tres cápsulas integra a tecnoloxÃa OZO Audio de Nokia, con cinco patróns de recollida, e está pensado para situacións que van desde entrevistas ata concertos en directo ou experiencias inmersivas como ASMR.
A nivel de deseño, a ZR combina un corpo moi lixeiro (540 gramos sen baterÃa nin tarxeta e 630 gramos co conxunto completo) cunha pantalla de 4 polgadas e 3,07 millóns de pÃxeles que cobre o espazo de cor DCI-P3, co que se garante visibilidade mesmo en exteriores e sen necesidade dun monitor adicional.
O rendemento de enfoque automático baséase na tecnoloxÃa de aprendizaxe profunda que Nikon xa introducira na Z9, permitindo detectar ata nove tipos de suxeitos con gran precisión e aplicar unha estabilización de cinco eixes para reducir trepidación en gravación manual. Tamén se coidou a disipación térmica, que posibilita rexistrar secuencias de ata 125 minutos continuos cunha fonte de alimentación externa, sen ventoinas adicionais.
Entre as funcións destacadas inclúese a posibilidade de cargar LUT na propia cámara para monitorizar a cor durante a rodaxe, a integración con Frame.io para transferencia directa a nube a través da aplicación NX MobileAir, e unha nova zapata dixital de accesorios que permite comunicación bidireccional, control de micrófonos e luces de tally, ademais de alimentación directa.
A curta distancia de rexistro da montura Z (16 mm) garante compatibilidade cun amplo abano de obxectivos, e a cámara suma opcións avanzadas como axuste do ángulo de obturación, histogramas e monitores de forma de onda configurables, ou a recepción de sinais tally por HDMI cando se traballa con varias cámaras. Nikon tamén incorporou funcionalidades herdadas da Z6III para fotografÃa, como un modo especÃfico para astrofotografÃa.
A Nikon ZR pode encargarse xa en tendas estadounidenses a un prezo de 2.196,95 dólares (o corpo), estando previsto que se entregue aos consumidores a partir do 20 de outubro.
VÃdeo promocional da nova Nikon ZR
