Nikon presenta unha nova cámara sen espello con aires retro
martes, 29 de xuño do 2021
Nikon presenta hoxe unha cámara sen espello de formato DX Nikon
Z fc, que destaca por ser a primeira cámara da serie Z cun deseño retro á vez que incorpora funcións avanzadas, ou
sexa, que temos unha cámara moi moderna, pero que esteticamente está inspirada
na cámara de carrete SLR Nikon FM2 que saÃu á venda en 1982 e que foi unha das
máis emblemáticas da marca. Esta cámara chega ao mercado acompañada por dous
novos obxectivos que casan co seu estilo tradicional: o NIKKOR Z DX 16-50 mm
f/3.5-6.3 VR Silver Edition e o NIKKOR Z 28mm f/2.8 SE.
A Nikon Z fc presenta un corpo compacto e lixeiro, con acabados en negro e
prata, e unha parte superior moi clásica, na que están situados tres diais que
controlan a velocidade de obturación, a compensación de exposición e a
sensibilidade ISO, para poder asà mudar os axustes dun xeito sinxelo. Tamén
permite axustar a compensación de exposición de xeito automático e incluso
integra 20 opcións creativas para que os usuarios poidan aplicar efectos dun
xeito áxil e doado.
A cámara admite enfoque automático de detección de ollo e tamén de detección de
animais na captura de imaxes estáticas e vÃdeo; conta cunha IOS de entre 100 e
51.200; pode transferir as fotografÃas e os vÃdeos gravados a un dispositivo
móbil a través da aplicación SnapBridge; e incluso pode conectarse ao ordenador
por USB para empregala a xeito de webcam.
No que a especificación se refire, podemos comentar que o seu sensor é de 20,9
MpÃxeles, pode disparar até 11 instantáneas por segundo, grava vÃdeo en 4K e
ten conectividade Wi-Fi e Bluetooth. Inclúe tanto un visor OLED de 0,39
polgadas como unha pantalla TFT táctil de 3 polgadas de ángulo variable, de
xeito que tanto podemos disparar instantáneas de xeito tradicional ou en ángulos
complexos. Tamén podemos destacar que inclúe unha entrada de minijack (o que
pode resultar moi práctico na gravación de vÃdeo empregando micrófonos
externos).
A Nikon Z fc chegará ao mercado a finais de xullo a un prezo de 899 euros o
corpo e 1.299 euros cos dous obxectivos mencionados anteriormente (prezos que
inclúen un desconto de lanzamento de 100 euros).
- A nova cámara busca atraer aos amantes do clásico que non queren prescindir do último a nivel fotográfico
VÃdeo promocional da nova Nikon Z fc