Ninja Blade chegará ás tendas o 3 de abril

xoves, 26 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

O xogo Ninja Blade desenvolvido por From Software chegará finalmente ás tendas españolas o 3 de abril, contado tamén cunha versión de demostración descargable a través de Xbox LIVE a partir do 9 de marzo, anunciándose que «ofrecerá unha espectacular primeira ollada ao mundo de Ken Ogawa ao tempo que perfílase como unha oportunidade de coñecer a historia e loitar contra unha horda de inimigos antes do lanzamento oficial do xogo».
Este xogo presentouse no E3 como un potencial grande éxito para 2009, aínda que sorprende bastante a demora que está a ter o seu lanzamento europeo, posto que no mercado asiático está dispoñible este título nas tendas dende hai un par de semanas, e sen protección de rexión, de xeito que é posible adquirilo xa dende aquí a un prezo inferior do que custará nas tendas españolas (en tendas en liña coma Play-Asia pódese mercar por menos de 40 euros).
Amais, a existencia dunha versión internacional do xogo disparou a difusión do mesmo a través da Internet, polo que este xogo exclusivo para Xbox 360 podería padecer as repercusións da piratería de xeito significativo.

PUBLICIDADE