Ninja Blade estreará demo o dÃa 29
venres, 26 de decembro do 2008
From Software
confirmou que o vindeiro luns se poderá descargar no Xapón a demo de Ninja Blade, xogo desenvolvido por xente
coma Keiji Nakaoka (Lost Planet: Extreme
Condition) ou Norihito Hibino (da banda sonora de Metal Gear Solid), que busca ser un dos grandes
éxitos para Xbox 360 en 2009, e que está protagonizado por un ninja
que deberá salvar a cidade de Tokio dunha ameaza bacteriolóxica (un parasito
que converte a persoas e animais en monstros).
A
versión de demostración de Ninja Blade
estará dispoñible polo momento só na versión nipona de Xbox LIVE,
descoñecéndose a data na que chegará a Europa (aÃnda que é de agardar que sexa
a primeiros de xaneiro) tanto a demo coma o xogo, tendo que conformarnos polo
momento coa súa nova web.