Ninja Blade podería ser o novo éxito para Xbox 360 en 2009

martes, 2 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Microsoft anunciou que a o Tokyo Game Show de outubro vai levar o xogo Ninja Blade, un título de acción para Xbox 360 desenvolvido por From Software que promete ser todo un éxito en 2009, pois coma credenciais conta con xente coma Keiji Nakaoka (quen traballou en Lost Planet: Extreme Condition e correrá agora co deseño de personaxes) e Norihito Hibino (un dos autores da banda sonora da saga de Metal Gear Solid).
Sorprende que deste xogo apenas se soubese nada porque leva 3 anos en desenvolvemento, e dá a impresión de que será unha mestura de títulos coma Devil May Cry, Resident Evil e Ninja Gaiden, metendo ao xogador na pel de Ken, un ninja que deberá salvar a cidade de Tokío dunha ameaza bacteriolóxica (un parasito que converte a persoas e animais en monstros).
O xogo promete unha aventura de máis de 12 horas e ata o momento pouco máis se sabe do mesmo aparte do que se ve no seu teaser:

PUBLICIDADE