Ninja Gaiden Sigma 2 presenta a súa edición de coleccionista nipona

luns, 6 de xullo do 2009 Marcus Fernández

As edicións de coleccionista de moitos videoxogos inclúen figuras, ilustracións, caixas diferentes e moitos outros detalles que buscan facer atractiva a compra do produto orixinal, e o novo título do Team Ninja quere destacar neste ámbito, e o seu Ninja Gaiden Sigma 2 contará cunha edición que sairá no Xapón por 9.980 iens (75,35 euros) que inclúe a banda sonora do xogo en CD, unha cadea especial, un conxunto de accesorios varios, ilustracións orixinais e un libro, e que sairá o 1 de outubro, mentres que en Europa haberá que agardar varias semanas máis para ver este xogo (e aínda non se confirmou esta edición de coleccionista).
O xogo é unha adaptación do Ninja Gaiden 2 de Xbox 360, levado á PlayStation 3 con suficientes cambios para que non sexa o mesmo xogo (e así respecte a exclusividade do título anterior) como a incorporación de personaxes femininos xogables (Ayane, Momiji e Rachel), como xa pasara na anterior entrega Sigma da saga (aínda que desta volta increméntase o catálogo de personaxes seleccionables).

PUBLICIDADE