Nintendo anuncia por sorpresa un remake de Star Fox 64
xoves, 7 de maio do 2026
Nintendo anunciou a pasada noite nun directo sorpresa un novo Star Fox para a súa consola Switch 2. Neste Star Fox Direct participaron Shigeru Miyamoto e Yoshiaki Koizumi, e deuse a coñecer que o novo tÃtulo verá a luz o 25 de xuño e supón unha reinterpretación completa de Star Fox 64 (coñecido en Europa como Lylat Wars) cunha actualización profunda tanto a nivel visual como narrativo.
O xogo recupera a estrutura e os escenarios do clásico de Nintendo 64, permitindo volver a percorrer planetas como Corneria, Fichina ou Sector Y ao mando do Arwing, xunto a personaxes habituais como Falco, Peppy e Slippy. Mantense o enfoque sobre raÃs, con certo grao de control para realizar manobras, acelerar ou frear, asà como as seccións alternativas co Landmaster terrestre e o submarino Blue Marine.
Incorpora diálogos revisados, novos deseños de personaxes e escenas adicionais que amplÃan a historia orixinal. O modo campaña ofrecerá varios niveis de dificultade (incluÃndo unha opción máis esixente sen continuacións tras perder todas as vidas), mentres que o modo desafÃo permitirá repetir misións con obxectivos inéditos e condicións especÃficas.
Entre as novidades destaca a integración de controis tipo rato na Switch 2, que tamén habilitan unha experiencia cooperativa: un xogador pode pilotar a nave cun Joy-Con mentres outro se encarga do armamento. Tamén será posible empregar o mando clásico de Nintendo 64 para recrear a experiencia orixinal.
O modo batalla regresa con enfrontamentos entre os equipos Star Fox e Star Wolf, tanto en local como en liña, incluÃndo opcións como partidas privadas ou uso de GameShare. Os combates desenvolveranse en distintos escenarios con mecánicas especÃficas, como o control de zonas, a recollida de cristais de enerxÃa ou a recuperación de carga espacial.
O xogo integra tamén funcións sociais a través de GameChat, permitindo o uso de avatares baseados nos personaxes da saga que replican as expresións faciais dos xogadores en tempo real.
Este lanzamento marca o regreso da franquÃa tras case unha década sen novas entregas principais e chega pouco despois da presenza de Fox McCloud en Super Mario Galaxy: La PelÃcula.
VÃdeo no que se anuncia o novo Star Fox
