Nintendo avanza detalles de futuros xogos para Switch

luns, 20 de xullo do 2020 Marcus Fernández

Nintendo convocou por sorpresa aos seus seareiros para un Nintendo Direct Mini que baixo o título de Partner Showcase buscaba servir de escaparate para unha serie de novidades sobre xogos que chegarán a Nintendo Switch e que xa se anunciaran previamente, como Shin Megami Tensei V, deixando claro en todo momento que o calendario de lanzamentos previsto pode variar en función da situación da crise sanitaria.
O Nintendo Direct Mini comezou anunciando 3 novos lotes de contido descargable para Cadence of Hyrule (crossover de The Crypt of the NecroDancer e The Legend of Zelda), título que chegará o 23 de outubro; Rogue Company estrea un novo tráiler; WWE 2K Battlegrounds deixa ver a súa aparencia en Switch (está previsto o seu lanzamento para o 18 de setembro); e o prato forte da xornada chega da man de Atlus, compañía que anuncia que na primavera de 2021 teremos unha remasterización en alta definición de Shin Megami Tensei III: Nocturne, que servirá para quecer motores de cara a Shin Megame Tensei V, que estrearase mundialmente en 2021, sen precisar unha data.

Nintendo Direct Mini no que adiantan detalles de xogos como Shin Megami Tensei V

PUBLICIDADE