Nintendo confirma que prepara unha nova consola portátil
martes, 23 de marzo do 2010

- Parodia da DS actual que serve para ilustrar o que poderÃa ser a Nintendo 3DS
Ante o peche do exercicio
fiscal moitas compañÃas realizan importantes anuncios para tranquilizar aos
seus accionistas, e precisamente nesta liña Nintendo publicou unha nota de
prensa asegurando que están a preparar unha nova consola portátil que polo
momento responderÃa ao nome provisorio de Nintendo
3DS, e que serÃa compatible coas anteriores DS/DSi, pero engadindo a
posibilidade de gozar de efectos tridimensionais sen uso de lentes.
A nova consola presentarase na vindeira edición do E3 (feira de videoxogos que
comeza o vindeiro 15 de xuño) polo que mentres é de agardar que cheguen múltiples
rumores, coma os que aseguran que as 3D da consola estarán moi lonxe da
estereoscopÃa, e referirÃase a gozar de gráficos tridimensionais que
modificasen o seu punto de vista segundo a posición da consola (facendo uso de
acelerómetros). Tamén parece probable que integrará tecnoloxÃa nVIDIA Tegra.
En xuño saberemos máis desta nova consola, que deberÃa chegar ao mercado antes
de rematar marzo de 2011, polo que aÃnda é moi pronto para avanzar detalles
como a súa data de lanzamento e o seu prezo.
