Nintendo revisa á alza as previsións de venda da Switch 2
martes, 4 de novembro do 2025
A nova consola de Nintendo está a superar todas as expectativas, polo que a compañÃa nipoa revisou á alza as súas previsións de vendas da Switch 2, incrementándoas nun 25 % respecto ás estimacións iniciais. Segundo o último informe financeiro, correspondente ao perÃodo comprendido entre o 1 de abril e o 30 de setembro, Nintendo prevé agora vender 19 millóns de unidades da Switch 2 ata marzo de 2026, fronte aos 15 millóns calculados anteriormente.
Desde o seu lanzamento en xuño, a Switch 2 xa alcanzou 10,36 millóns de consolas vendidas, das cales 4,54 millóns corresponden ao último semestre. No mesmo perÃodo comercializáronse tamén 20,62 millóns de videoxogos, e a empresa aumentou lixeiramente a previsión anual de vendas de xogos, que pasa de 45 a 48 millóns de copias.
O éxito da nova consola está a impulsar de maneira extraordinaria os resultados económicos da compañÃa, cun incremento do 110 % nos ingresos. Entre abril e setembro, a facturación de Nintendo ascendeu a 1.099,5 mil millóns de iens (uns 7.100 millóns de dólares), fronte aos 523,2 mil millóns (3.400 millóns de dólares) do mesmo perÃodo do ano anterior. A previsión anual de ingresos tamén sobe ata os 2.250 mil millóns de iens, arredor de 14.600 millóns de dólares, e a compañÃa asegura ter en conta as medidas arancelarias dos Estados Unidos nas súas revisións.
A Switch 2 converteuse asà na consola de venda máis rápida da historia, mentres a primeira Switch continúa incrementando discretamente o seu récord. O modelo orixinal alcanzou xa os 154,01 millóns de unidades vendidas, a un paso dos 154,02 millóns da Nintendo DS, que segue sendo a consola máis exitosa da compañÃa. Se supera esa marca e chega aos 160 millóns, a Switch converterase na consola máis vendida de todos os tempos, un récord que actualmente ostenta a PlayStation 2 de Sony e que moitos consideran imposible de superar tras os moitos cambios que tivo o mercado dos videoxogos.
A diferenza é abismal respecto ao Wii U, que apenas conseguiu vender 13,7 millóns de unidades en toda a súa vida comercial, unha cifra que a Switch 2 superará con moita marxe antes do seu primeiro aniversario.
