Nintendo terá unha nova Wii antes do Nadal
mércores, 17 de agosto do 2011
En
vista de que aÃnda falta para que vexamos a Wii U nas tendas, Nintendo anunciou
que antes
de Nadal vai comercializar un novo modelo da súa Wii, que modifica
lixeiramente o seu deseño, buscando a súa colocación en horizontal (cando o
habitual era a súa colocación en vertical) e elimina a compatibilidade cos
xogos e mandos de GameCube. A consola incluirá un mando Wii Remote Plus e un
Nunchuk e os xogos Wii Sports e Wii Party. O prezo anunciarase no outono, pero é de agardar que a nova Wii veña acompañada dunha atractiva rebaixa.
Nintendo tamén anunciou que os xogos Super
Mario Galaxy e The Legend of Zelda:
Twilight Princess pasarán a formar parte da familia de xogos económicos
Nintendo Selects.
