Nintendo venderá un micrófono omnidireccional para a Wii

xoves, 17 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Aparte do Wii MotionPlus (que se venderá a partir da primavera de 2009 xunto co xogo Wii Sports Resort) o E3 tamén achega outra novidade para a Wii, coma é o WiiSpeak, que vén a ser un micrófono que se coloca sobre a sensor bar e funciona de xeito omnidireccional, ou sexa, que se pode utilizar de xeito colectivo, o que permitiría efectuar conversas entre varios usuarios fronte a distintas consolas xogando en rede. Este micrófono tería unha alta sensibilidade e sería capaz de distinguir entre as distintas voces e o ruído de ambiente para achegar unha mellor calidade de son.
O WiiSpeak venderase xunto ao xogo Animal Crossing: City Folk, descoñecéndose polo momento a data de lanzamento deste novo produto.

PUBLICIDADE