Nioh recibe o seu derradeiro capítulo descargable
martes, 26 de setembro do 2017
A
primeiros de ano a
PlayStation 4 marcouse un bo tanto coa estrea de Nioh, un xogo exclusivo que mestura rol e acción e que
aproveitando o pulo de xogos como Dark
Souls, convídanos a encarnar a un samurai que terá que loitar contra forzas
escuras e malévolas en violentos combates corpo a corpo.
O xogo ofrece unha experiencia que podía ampliarse mediante contidos adicionais
que mercar por separado (a un prezo de 9,99 cada un), concretamente 3 paquetes
con novos capítulos de historia que inclúen tanto novos inimigos coma novas
misións, que hoxe mesmo rematan a súa publicación, xa que por fin está
dispoñible Nioh
– El fin de la masacre, que sitúanos no Xapón meses despois do anterior
DLC, cun país ao borde da guerra, co protagonista tendo que enfrontarse ás
últimas forzas contrarias ao shogunato ao mando de Yodogimi, mentres esta se
prepara para enfrontarse ao mesmísimo clan Tokugawa.
Neste derradeiro capítulo haberá novas misións que completar, poderanse usar
novas armas e equipamento, dominaranse dous espíritos gardiáns (incluíndo o
raposo de 9 colas) e incluso convídase aos samurais veteranos ao Abismo, campo
de batalla eterno do inframundo do que só fuxirán os guerreiros máis poderosos.
- Nesta derradeira historia viaxarase ao inframundo para superar novos retos