Noia dixitaliza máis de 50.000 documentos do seu Arquivo

venres, 13 de maio do 2022 S. P.

O Concello de Noia anunciou esta semana a incorporación de 53.222 imaxes do seu Arquivo Histórico á plataforma Galiciana. Os documentados dixitalizados comprenden varios séculos: desde o 1559 ao 1960. Os traballos foron levados a cabo pola empresa Unayta, con sede en Milladoiro (Ames) e especializada neste tipo de labores tecnolóxico-documentais dirixidos a favorecer a conservación, a reivindicación e a dispoñibilidade da información histórica das entidades locais.
Nestes traballos de dixitalización adaptáronse aos novos tempos expedientes de contratación, datos do Padrón Municipal, planos e outros documentos de obras e organismos.
A empresa Unayta fixo saber que se puxo o foco en acadar información facilmente documentábel e que as tarefas de preservación e dispoñibilidade leváronse a cabo en “tempo record”. Tamén informou de que o proxecto permitiu que “a partir de agora a cidadanía teña acceso a milleiros de datos do Arquivo Histórico, algúns do ano 1.559”.

PUBLICIDADE