Nokia E63 con teclado tipo BlackBerry

mércores, 12 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Nokia amplía a súa serie E, co Nokia E63, un terminal que ten unha aparencia semellante á dos BlackBerry (como xa fixera o E71) polo que sería un móbil atractivo para o uso profesional, ou para usuarios domésticos que fagan un uso intensivo da entrada de texto.
O novo terminal con teclado QWERTY se venderá libre por 199 euros, polo que resulta bastante económico para o seu formato e a súa conectividade (incorpora Wi-Fi). Estariamos así ante unha solución moi interesante para que queira facer uso do correo electrónico no móbil ou consultar información da Internet.
O Nokia E63 se venderá en cor vermella rubí e azul ultramarino, contando tamén con capacidades de vídeo (soportando reprodución e gravación) e incluso cunha toma estándar para auriculares.

PUBLICIDADE