Nokia amosa os seus novos móbiles en Barcelona
luns, 25 de febreiro do 2013
- O Nokia Lumia 720 consegue achegar unhas boas prestacións cun prezo bastante comedido
Nokia
presentou hoxe no marco do Mobile World Congress 4 novos teléfonos que parecen
dirixidos a chegar a un público moi amplo por partir de prezos moi axustados, conseguindo
que a familia Lumia reduza a súa barreira de entrada.
O smartphone máis atractivo dos amosados hoxe serÃa o Nokia
Lumia 720, que sitúase no ecuador da familia Lumia cunha boa pantalla de
4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles (e Super Sensitive Touch),
pero limitando o eu procesador (dobre núcleo a 1 GHz), a memoria (512 Mb de
RAM) e a cámara (de 6,7 MpÃxeles) mentres que detalles como o almacenamento
interno (8 Gb ampliable mediante tarxetas microSD), NFC, GPS, Wi-Fi N,
Bluetooth 3.0, baterÃa de 2.000 mAh, grosor de 9 milÃmetros e peso de só 128
gramos sitúano sobre moitos outros smartphones, especialmente se temos en conta
que funciona con Windows Phone 8 e terá un prezo antes de impostos de 249 euros
a partir do mes de marzo, cando está previsto que chegue en varias cores
(vermello, branco, azul ceo, negro e amarelo).
- Os novos móbiles Lumia, pese a ser económicos, non prescinden da tecnoloxÃa Super Sensitive Touch
Pero aÃnda que o Lumia 720 pode converterse nun auténtico supervendas, terá un
duro competidor no Nokia
Lumia 520, pois converterase no móbil con Windows Phone 8 máis barato do
mercado, cun prezo de 139 euros antes de impostos, o que permitirÃalle competir
con móbiles de baixa gama con Android, pero ofrecendo unha experiencia de uso
superior. Este móbil que comezará a venderse en marzo (iniciando a súa
distribución en Hong Kong e Vietnam) ten pantalla IPS de 4 polgadas cunha
resolución de 800 x 480 (con Super Sensitive Touch), procesador de dobre núcleo
a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxetas microSD de ata 64 Gb), cámara traseira de 5 MpÃxeles, Wi-Fi N, GPS,
baterÃa de 1.430 mAh, 9,9 milÃmetros de grosor e 124 gramos de peso; estando
dispoñible nas mesmas 5 cores que o seu irmán maior anunciado hoxe.
- O Nokia 301 consegue atopar un oco entre móbiles básicos e smartphones
Pero para os usuarios que aÃnda apuntan a prezos máis reducidos (principalmente
en mercados emerxentes) Nokia estreará o vindeiro trimestre o Nokia
301, que cun prezo antes de impostos de só 65 euros, o que non lle impide
incluÃr cámara de 3,2 MpÃxeles e algunhas prestacións de software avanzadas
(como o navegador web Nokia Xpress, aplicacións de mensaxerÃa instantánea e
redes sociais e incluso WhatsApp), estando dispoñible incluso nunha versión con
dobre SIM.
E para os usuarios que só queren un móbil para falar por teléfono e remitir
mensaxes de texto, Nokia consegue reducir custos ao mÃnimo e ofrecer o seu Nokia
105, que sairá á venda por un prezo duns 15 euros, de xeito que serÃa o
móbil máis barato da compañÃa no seu catálogo de terminais actual, sendo capaz
de funcionar ata 12,5 horas en conversa e 35 dÃas en espera.
As prestacións sociais do Nokia Lumia 720 vistas en vÃdeo
O Nokia Lumia 520 achega as bondades dos smartphones a un prezo moi reducido
O Nokia 301 é un móbil de formato clásico, pero dotado de prestacións sociais básicas