Nokia anuncia baterías externas con aparencia de baldosa de Windows Phone
xoves, 9 de maio do 2013
O
feito de que moitos smartphones teñan unha batería interna fixa dificulta o seu
uso durante moitas horas en mobilidade, e para solucionalo existen cargadores
externos que poden resultar moi prácticos, especialmente cando o usuario vaia a
estar moitas horas afastado dun enchufe de corrente, e para atender a esta
demanda Nokia sorprende polo formato que adopta unha das súas
baterías externas, a DC-16, pois consiste nun bloque de 57 x 57 x 14,9
milímetros e 65 gramos de peso en cores rechamantes (branco, vermello, azul e
amarelo) na liña dos presentes nos móbiles Lumia e Asha e cun indicador de
carga nunha das súas faces que dálle a aparencia de baldosa de Windows Phone.
Esta nova batería poderá cargarse media micro-USB, achegando a carga tamén a
través dun porto deste tipo, aínda que a súa capacidade é un tanto limitada
(1.720 mAh) polo que só sería aconsellable o seu uso en terminais de gama
media-baixa. Por fortuna, o seu prezo tampouco será moi elevado, asegurándose
dende Nokia que chegarán
a algúns mercados en xuño-xullo a 15 euros.
- O Nokia DC-18 venderase en 4 cores rechamantes