Nokia presenta 2 novos móbiles optimizados para o correo electrónico
luns, 16 de xuño do 2008Nokia presentou
hoxe os
novos terminais E71 e E66, que permiten compartir imaxes e todo tipo
de ficheiros a través da plataforma Share on Ovi e consultar Nokia Maps 2.0.
Na súa aparencia externa o Nokia 71 destaca polo seu teclado QWERTY, mentres
que o E66 ten un teclado deslizante, estando previsto o seu prezo de cada
terminal libre nuns 350 euros. Os novos terminais veñen preparados para acceder
ao correo electrónico, incluso servido a través de Microsoft Exchange,
permitindo tanto a consulta como a modificación de ficheiros adxuntos en
formato Word, Excel, PowerPoint ou PDF directamente dende o móbil.
Estes novos móbiles Nokia Eseries teñen conectividade HSDPA/UMTS e Wi-Fi,
contan con GPS asistindo (A-GPS) con Nokia Maps, reprodutor de música
compatible con tarxetas de memoria de ata 8 Gb (inclúen de serie unha de 2 Gb)
e unha cámara con enfoque automático de 3,2 MpÃxeles.
Estariamos asà ante dous terminais con prestacións moi semellantes, pero cunha
aparencia externa bastante distinta, que se adaptan tanto a un uso persoal coma
profesional.