Nokia presenta dous novos móbiles con botón para Facebook
luns, 26 de novembro do 2012
Nokia presentou hoxe dous novos móbiles da familia Asha, que
están pensados como smarphones de entrada, e que destacan por contar en ambos
casos cun botón dedicado para acceder a Facebook, estratexia que a compañía
finlandesa non seguiu ata agora.
O Nokia Asha 205
é un terminal con teclado QWERTY, unha pantalla de 2,4 polgadas, cámara VGA,
lector de tarxetas de memoria microSD de ata 32 Gb, conectividade GPRS/EDGE,
Bluetooth 2.1, batería cunha autonomía de ata 37 días en espera e ata 11 horas
en conversa, unhas dimensións de 113 x 61 x 13 milímetros e 94 gramos de peso,
que nalgúns mercados venderase nunha versión Dual-SIM e que podería considerarse
como o smartphone dos mercados emerxentes, por permitir acceder aos servizos na
Rede sen alardes técnidos e a un
prezo libre aproximado de 62 dólares.
Polo
mesmo prezo Nokia lanza tamén o Nokia Asha 206, que coincide
en moitas das súas prestacións, eliminando a teclado QWERY, pero engadindo
cámara de 1,3 Mpíxeles e mellorando a súa autonomía ata 47 días en espera e 20
horas en conversa. Deste xeito, os usuarios que queiran un destes móbiles
sociais poderán elixir o que máis se axuste ás súas necesidades.
Ambos móbiles chegarán ao mercado antes de rematar o ano.